Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2012 Páx. 37145

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de información pública sobre unha fábrica de pellets en Ameixenda (Pazos).

Biolume, S.L. solicitou neste concello unha licenza municipal para abrir unha fábrica de pellets en Ameixenda, s/n (Pazos), Ponteceso.

Este expediente expoñerase ao público durante vinte días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia (BOP) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), segundo estipula o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Todas as persoas que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas, na Secretaría deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ponteceso, 3 de setembro de 2012

José Luis Fondo Aguiar
Alcalde