Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2012 Páx. 37146

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Toén

ANUNCIO de información pública (expediente 60/2012).

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da DT terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase, por instancia de José Luis Álvarez Bande, a declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total da edificación dedicada a taller de reparación de vehículos (chapistaría), baixo, sita na travesía de Mugares nº 3, Mugares-Toén. De acordo co proxecto técnico presentado de recoñecemento da actividade indicada, e cumprindo co preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, ábrese un período de información pública por un prazo de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG e no BOP de Ourense, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende recoñecer poidan examinar o expediente na Secretaría Municipal, de luns a venres, das 8.30 ás 14.30 horas, e facer, de ser o caso, as alegacións pertinentes.

Toén, 3 de setembro de 2012

Amancio A. Cid Pérez
Alcalde