Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2012 Páx. 37144

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de concesión de licenza de apertura.

Na Sección de Licenzas da Área de Urbanismo do Concello de Arteixo estase a tramitar o expediente 08/2011 AIA, de concesión de licenza de apertura.

Actividade: centro de xestión e tratamento de residuos non perigosos.

Situación: lugar de Morás. Arteixo.

Solicitante: Posformados Vales, S.L.U.

E en cumprimento do determinado no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública durante un prazo de vinte (20) días.

Arteixo, 20 de agosto de 2012

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo