Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2012 Páx. 37047

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (329/2012).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento 329/2012, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«A Coruña o trinta e un de xullo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 329/2012 seguidos por instancia de Manuel Troiteiro Lema, representado e asistido polo letrado Sr. Ulla Rocha, contra a empresa Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparecen ao acto de xuízo; a litis versa sobre despedimento.

Ditame

Primeiro. Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Manuel Troiteiro Lema, representado e asistido polo letrado Sr. Ulla Rocha, contra a empresa Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparecen ao acto de xuízo, e declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste ditame. Todo iso con aboamento dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza. A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., segundo o disposto no número anterior, son, en concepto de indemnización a cantidade de 1.341,81 euros, e de salarios de tramitación a cantidade de 43,84 euros/día. Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de xullo de 2012

A secretaria xudicial