Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de setembro de 2012 polo que se fai pública a proposta de resolución ditada no expediente sancionador en materia de vertedura de augas residuais seguido contra hrs. de J.M. Seijas Vázquez-A Carballeira, S.A. (concello de Mesía). Clave DH.D15.29949.

Con data do 31 de xullo de 2012 ditouse proposta de resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra hrs. de J.M. Seijas Vázquez-A Carballeira, S.A. pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de vertedura de augas residuais, tipificada no artigo 85.k) da Lei 9/2010.

Intentada a notificación da devandita proposta de resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante o presente anuncio notifícaselle a proposta de resolución ao interesado, e fáiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2012

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia