Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de setembro de 2012 polo que se fai público o acordo de incoación e o prego de cargos ditados no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Manuel Sánchez Sánchez (concello de Melide). Clave DH.D15.29987.

Con data do 31 de xullo de 2012 ditouse acordo de incoación e prego de cargos no expediente sancionador de referencia seguido contra Manuel Sánchez Sánchez pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de vertedura de augas residuais, tipificada no artigo 85.k) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación dos devanditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación e o prego de cargos ao interesado, e fáiselle saber que unha copia deles se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2012

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia