Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36991

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de corrección de erros e ampliación de prazo de presentación de ofertas.

A Xunta de Goberno Local acordou, en sesión do 13 de setembro de 2012, corrixir os pregos de cláusulas técnicas e administrativas que haberán de rexer a contratación en réxime de concesión administrativa mediante procedemento aberto da explotación e mantemento do punto limpo.

Así mesmo, acordou publicar integramente no perfil do contratante (www.ponteceso.net) os pregos corrixidos e ampliar o prazo en 15 días para a presentación das ofertas pola empresas interesadas desde a última publicación desta corrección dos pregos no BOP ou no DOG.

Ponteceso, 14 de setembro de 2012

José Luis Fondo Aguiar
Alcalde