Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36990

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do convenio urbanístico de xestión e planeamento entre o Concello de Poio e Jaime Acuña González e Dolores Martínez Villanueva para a execución da obra da rúa Gonzalo Fernández de la Mora y Mon (expediente 55/12).

O Pleno desta corporación local, por acordo número 3714 adoptado na sesión do día 31 de xullo de 2012, acordou prestar aprobación á subscrición inicial do convenio urbanístico de xestión e planeamento entre o Concello de Poio e Jaime Acuña González e Dolores Martínez Villanueva para a execución da obra de humanización da rúa Gonzalo Fernández de la Mora y Mon, asinado con data do 3 de xuño de 2011.

Polo que o dito convenio se somete a información pública polo prazo de 20 días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se pode presentar no concello as alegacións que se consideren oportunas contra el. O expediente pódese examinar na oficina de Urbanismo, na Casa do Concello de Poio, en horas de oficina.

Poio, 20 de agosto de 2012

Luciano Sobral Fernández
Alcalde