Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx. 36868

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO sobre a exposición ao público do expediente de Solmecor, S.L.

Manuel Campos Pérez, que representa a Solmecor, S.L., solicitou neste concello licenza municipal de apertura dun establecemento dedicado á fabricación de estruturas metálicas, caldeiraría e mecanizacións, na rúa 8, parcela 12, do polígono industrial deste concello; e de conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública por termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e a exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que comezará a contar desde a última publicación, se poida examinar o expediente na Secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 16 de agosto de 2012

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde