Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx. 36869

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilar de Santos

ANUNCIO de licitación do contrato mixto de subministración e obras para a instalación de centro de transformación e liña de media tensión na ampliación do parque industrial de Vilar de Santos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vilar de Santos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: realización da subministración e obras do proxecto de instalación de centro de transformación e liña de media tensión en ampliación do parque industrial de Vilar de Santos.

b) Lugar de execución: concello de Vilar de Santos.

c) Prazo de execución: 1 mes (data límite: 12.11.2012).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 66.106,60 €, IVE: 13.882,38 €. Importe total: 79.988,98 € (IVE incluído).

5. Garantías:

a) Provisional: 1.500 €.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilar de Santos.

b) Domicilio: r/ Celanova, 77.

c) Localidade e código postal: Vilar de Santos (Ourense) 32650.

d) Teléfono: 988 46 58 83-63.

e) Fax: 988 46 58 63.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse polos medios previstos no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Clasificación: non requirida.

8. Criterios de valoración das ofertas:

Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta máis vantaxosa atenderase a varios criterios directamente vinculados co obxecto do contrato, de conformidade co artigo 150.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do oitavo día natural posterior á última das publicacións deste anuncio (BOP ou DOG). Se o derradeiro día for sábado ou inhábil, o prazo rematará o seguinte día hábil.

b) Documentación para presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vilar de Santos, rúa Celanova, nº 77, Vilar de Santos, 32650 Ourense.

10. Apertura das ofertas:

Ás 12.00 horas do terceiro día hábil (excepto sábado) seguinte ao que remate o prazo para a presentación das ofertas, no salón de sesións do Concello de Vilar de Santos.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Perfil de contratante: as informacións relativas á convocatoria e á obtención de pregos e datos sobre o proxecto pódense obter na Secretaría do Concello de Vilar de Santos e na páxina web www.vilardesantos.com.

Vilar de Santos, 14 de setembro de 2012

Xoán Xosé Jardón Pedras
Alcalde