Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx. 36867

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións de SGL Carbón, S.A.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 7 de setembro de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Admitir a trámite, con carácter de aprobación inicial, o Plan especial de infraestruturas e dotacións de SGL Carbón, S.A. no polígono da Grela-Bens da Coruña, xullo 2012, condicionada á emenda dos erros sinalados no informe técnico do 31 de agosto de 2012.

Segundo. Someter o documento do plan especial ao trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nos xornais de maior circulación na provincia.

Terceiro. Ordenar a dilixencia dos documentos.

Cuarto. Notificar o presente acordo a SGL Carbón, S.A., aos titulares catastrais, aos departamentos municipais de Xestión do Solo, Lizenzas e Disciplina Urbanística, Sección de Patrimonio Urbanístico, oficina do XIS de Planeamento e á Área de Infraestruturas.

Quinto. Solicitar os informes sectoriais necesarios para a tramitación do expediente.

O plan especial sométese ao trámite de información pública, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, período durante o cal calquera interesado poderá consultalo e presentar as alegaciós que considere oportunas. A consulta pódese efectuar na Área Municipal de Urbanismo, Departamento de Planeamento (praza de Indalecio Prieto 1-3), en horario laboral, de luns a venres, así como na páxina web do concello.

Os gastos desta publicación serán por conta de SGL Carbón, S.A.

A Coruña, 13 de setembro de 2012

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo