Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx. 36713

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2012, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2012

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2012

Convenio

Importe €

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense e Provincia en materia de protección civil

6.000 €

9.5.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Pública e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións de Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra en materia de protección civil

6.000 €

9. 5.2012

Convenio de colaboración da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Entidade Solidariedade Internacional para a execución do proxecto de saneamento ambiental en Champerico. Departamento de Retalhuleu-Guatemala. Fase III

123.577 €

10. 5.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a entidade Arquitectos sin Fronteras, para a execución do proxecto de mellora das condicións de habitabilidade básica no marco do Programa OXLAJUJ TZ´IKIN. Departamento de Retalhuleu-Guatemala. Fase IV

130.137 €

10. 5.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, para a execución do proxecto Fondo galego: 15 anos administrando a solidariedade desde o local

60.000 €

10. 5.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Entidade Farmacéuticos Mundi, para a execución do proxecto de mellora da atención primaria en saúde e o acceso e uso apropiado de medicamentos esenciais en 17 comunidades rurais dos municipios de Retalhuleu e Champerico na costa sur de Guatemala. Fase IV

59.174 €

10.5.2012

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia (Reino de España), a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e a Fundación Iniciativa Civil para la Democracia (INCIDE), para a execución do proxecto de fortalecemento institucional e comunitario no marco do Programa OXLAJUJ TZÍKIN. Fase IV

85.153 €

10.5.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Entidade ACSUR-Las Segovias, para a execución do proxecto de mellora das capacidades produtivas para a soberanía alimentaria e a implementación de iniciativas produtivas comunitarias na costa sur de Guatemala. Departamento de Retalhuleu. Fase III

56.402 €

11.5.2010

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e o Concello do Incio, no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz

8.500 €

11.5.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Secretarios Interventores e Tesoureiros de Administración Local da Coruña

15.000 €

15.5.2012

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Academia Galega de Seguridade e o Concello da Estrada

21.5.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Cerdedo, no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz

8.500 €

25.5.2012

Protocolo de colaboración entre a Axencia Estatal Boletín Oficial del Estado e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para a edición da obra Código Penal, 2ª edición

8.6.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Axuda ao Toxicómano Érguete

30.000 €

8.6.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a actuación en emerxencias e tarefas de protección civil, e prevención de incendios forestais

410.000 €

12.6.2012

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Entidade Pública Empresarial RED.ES para o desenvolvemento de actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á posta en marcha dunha rede de emerxencias

14.6.2012

Acordo de coordinación con Augas de Galicia para o cofinanciamento do proxecto Parzaría para o apoio técnico á consolidación da Administración Rexional de Augas do Norte (Ara-Norte) Mozambique

50.000 €

15.6.2012

Convenio entre a Xunta de Galicia, la Fiscalía Xeral del Estado, a Deputación Provincial da Coruña e o Centro de Estudos Xurídicos, relativo ao programa de formación continuada de fiscais Escola de Verán do Ministerio Fiscal

25.000 €

26.6.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro

6.000 €

3.7.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Galega contra o Narcotráfico

15.000 €

5.7.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación

12.500 €

26.7.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Deputación de Pontevedra e Mancomunidade Val Miñor para proxecto piloto de grupos atención ás emerxencias

71.000 €

7.8.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Baiona para a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán

10.000€

8.8.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Cangas para a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán

6.000 €

8.8.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello do Grove para a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán

10.000 €

8.8.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Guarda para a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán

6.000 €

8.8.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Nigrán para a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán

6.000 €

8.8.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Poio para a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán

6.000 €

8.8.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ribeira para a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán

6.000 €

8.8.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello Sanxenxo para a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán

10.000 €

8.8.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e o Concello de Pantón para acondicionamento de dependencias municipais

12.000 €

8.8.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e o Concello da Veiga para o acondicionamento do parque infantil da praza do Toural da Veiga

5.000 €

8.8.2012

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2012

Importe €

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Cans de Salvamento de Galicia en materia de protección civil

8.000 €

12.4.2012