Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, pola que se dá publicidade á modificación, suspensión e cancelación de unidades de admisión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

O artigo 1.5 do Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, establece como competencias da Dirección Xeral de Montes a xestión do Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

O artigo 5.2 do Decreto 135/2004 establece que a Dirección Xeral de Montes poderá suspender a autorización concedida aos materiais de base procedendo á cancelación da súa inscrición no rexistro.

O artigo 13.1 do Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e do Fondo de Garantía Agrícola recolle as funcións da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes.

Por último, o punto 4 do artigo 1 indica que o contido do rexistro será de carácter público e difundido adecuadamente a toda a sociedade e aos axentes do sector forestal.

En consecuencia, realizados os estudos técnicos pertinentes e comprobado o cumprimento dos requisitos mínimos para a autorización dos materiais de base destinados á produción de materiais de reprodución da categoría seleccionados, conforme o disposto no anexo III do Real decreto 289/2003, e realizada a revisión das unidades de admisión autorizadas ata o momento e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia e demais normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes mediante Resolución do 12 de xullo de 2012 procedeu a suspender a autorización concedida ás unidades de admisión da especie Pinus pinaster Aiton inscrita co número 7, da especie Quercus robur L. inscritas cos números 26, 27, 28, 30 e 31 no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución como mouteiras selectas, e cancelar a súa inscrición nese rexistro; así como a modificar os datos de superficie da unidade de admisión da especie Pinus pinaster Aiton inscrita co número 11 no dito rexistro que se relaciona no anexo.

Os códigos do Catálogo Nacional de Materiais de Base correspondentes ás unidades de admisión canceladas son para Pinus pinaster Aiton o RS-26/01a/008 e para Quercus robur L. o RS-41/01/001, o RS-41/01/002, o RS-41/01/003, o RS-41/01/005 e o RS-41/01/006.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Especie: Pinus pinaster Aiton.

Nº rex.

Código galego

Código estatal

Superficie (ha)

11

ES/36/ppa/2/1a/2/1/1

RS-26/01a/013

26,4