1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
c) Tipo de contrato: obra.
d) Obtención de documentación e información.
1º Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:
– Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es
– Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es
– A copistaría Copybelén, na rúa Rosalía de Castro, nº 29-31 (Galerías Belén), Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono 981 59 99 24 e fax 981 59 47 30.
2º Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
2. Obxecto dos contratos:
a) Descrición e lugar de execución: conexións a redes xerais e secundarias no concello de Tui. Tui (Pontevedra).
Número de expediente: OH.336.989.
Orzamento base de licitación: importe neto: 522.245,47 euros. Importe total: 631.917,02 euros.
Prazo de execución (meses): catorce (14).
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.
b) Descrición e lugar de execución: abastecemento a Fontao. Vila de Cruces (Pontevedra).
Número de expediente: OH.236.1018.
Orzamento base de licitación: importe neto: 457.033,81 euros. Importe total: 553.010,91 euros.
Prazo de execución (meses): cinco (5).
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.
4. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe en ningún dos contratos.
b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído, para cada un dos contratos.
5. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: a exixida para cada contrato.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España de acordo co establecido nos artigos 66.1 e 59.4 do texto refundido da Lei de contratos do sector público deberán acreditar a solvencia nos termos que se expresan na cláusula 7.1.4 do prego de cláusulas administrativas particulares en relación co punto 6.2 do cadro de características do contrato.
6. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: 23 de outubro de 2012.
b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.
c) Lugar de presentación: no Rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
7. Apertura das ofertas:
a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.
b) Enderezo, localidade e código postal: Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Data e hora: as aperturas en acto público do sobre B, o 5 de novembro de 2012, e do sobre C, o 23 de novembro de 2012, ás 9.00 horas en ambos os casos.
8. Gastos de publicidade: serán por conta dos licitadores seleccionados para ser adxudicatarios proporcionalmente aos orzamentos de licitación dos contratos.
9. Outras informacións:
– Cofinanciamento do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, nun 50 % a través do Convenio específico asinado o 7 de maio de 2012, para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais, incluídas na Zona Pontevedra Norte, Leste e Sur, eixe 2: infraestruturas e equipamentos básicos; medida 25: auga, para os contratos referidos no punto 2 deste anuncio.
– CPA e CPV (codificación do obxecto do contrato): as indicadas no cadro de características do contrato.
– Valor estimado de cada contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.
– Melloras: admítense nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.
– Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que calquera dos actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.
– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.
– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2012
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia