Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36640

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG núm. 142, do 26 de xullo), pola que se fan públicas as calificacións do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 11 de setembro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de novembro de 2011, modificada pola Orde do 18 de xuño de 2012, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Que, de conformidade co disposto nas bases II.1.1.4 e II.1.2.6 da convocatoria, as aspirantes que a continuación se relacionan superaron como aptas o cuarto exercicio da fase de oposición:

DNI

Apelidos e nome

44479359 G

González Fernández, Elena

33302681 S

Torres Eiros, María Salomé

Segundo. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polas aspirantes que se presentaron ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. Que, de acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2012

María Antonia Arias Bouzas
Presidenta do tribunal