Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36637

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 14 de setembro de 2012 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011.

En virtude da Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011 (DOG nº 142, do 26 de xullo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 21 de maio de 2012 (DOG nº 106, do 5 de xuño).

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados funcionarios do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Convocar os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar na sala D da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 21 de setembro de 2012 ás 13.30 horas.

Os/as aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Aos/as aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados, entre as que quedaran sen adxudicar.

Os aspirantes que soliciten ser declarados en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo –redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG nº 250, do 30 de decembro)– deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Num.

Código do posto

Cons.

Denominacion

Grupo

Nivel

Centro destino

Centro directivo

Concello

Titulación

Formación

1

PR.201.00.000.15770.015

PR

Letrado/a

A

28

Asesoría Xurídica Xeral

Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia

Santiago de Compostela

Licenciado en Dereito

2

PR.299.10.000.32001.002

PR

Letrado/a

A

28

Gabinete Territorial de Ourense

Gabinetes Xurídicos-Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia

Ourense

Licenciado en Dereito

3

SA.S02.00.001.15770.010

SA

Letrado/a

A

28

Asesoría Xurídica

Xerencia do Servizo Galego de Saúde

Santiago de Compostela

Licenciado en Dereito

Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.)

4

SA.S99.10.002.27001.002

SA

Letrado/a

A

28

Asesoría Xurídica (Lugo)

Servizos periféricos-Servizo Galego de Saúde

Lugo

Licenciado en Dereito

Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.)

5

SA.S99.10.002.32001.002

SA

Letrado/a

A

28

Asesoría Xurídica (Ourense)

Servizos periféricos-Servizo Galego de Saúde

Ourense

Licenciado en Dereito

Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.)

6

SA.S99.10.002.36560.004

SA

Letrado/a

A

28

Asesoría Xurídica (Vigo)

Servizos periféricos-Servizo Galego de Saúde

Vigo

Licenciado en Dereito

Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.)