Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36304

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (277/2011).

María Patiño Junquera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, por medio do presente fago saber que no procedemento de divorcio contencioso 277/2011, seguido por instancia de María Isabel Rodríguez Cordero contra Alberto Lastres Antelo, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Betanzos, 26 de xullo de 2012.

Vistos por min, Emma Mourenza Couto, os presentes autos de divorcio, co número 277/2011, seguidos por instancia de María Isabel Rodríguez Cordero, representada polo procurador Sr. López Sánchez e baixo a dirección letrada do Sr. Lorenzo Martínez, contra Alberto Lastres Antelo, declarado en situación de rebeldía procesual.

Decisión que estimando parcialmente a demanda presentada polo procurador Sr. López Sánchez, en nome e representación de María Isabel Rodríguez Cordero, debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio formado por Isabel Rodríguez Cordero e Alberto Lastres Antelo, debendo adoptarse as seguintes medidas definitivas:

Atribúese a titularidade e o exercicio da patria potestade sobre o fillo común, Enrique, a ambos os dous proxenitores.

Atribúeselle á nai a garda e custodia do menor común da parella.

O réxime de comunicación e estadías do pai non convivente co menor será o que segue:

Fins de semana alternos, o sábado desde as 10.00 horas ata as 20.00 horas, e o domingo desde as 10.00 horas ata as 20.00 horas, con pernoita no domicilio materno.

En canto ao período do Nadal, o pai gozará da compañía do menor o día 1 de xaneiro desde as 10.00 horas ata as 21.00 horas nos anos impares e o 25 de decembro desde as 10.00 horas ata as 21.00 horas os anos pares. A coincidencia destas datas con datas en que o pai tivese dereito a visitar o menor conforme o réxime ordinario de visitas de fin de semana, determinará o solapamento de ambas as dúas sen posibilidade de cambio.

En canto ás vacacións escolares de Semana Santa o pai gozará da compañía do menor o Xoves Santo desde as 10.00 horas ata as 20.00 horas nos anos impares e o Venres Santo desde as 10.00 horas ata as 20.00 horas nos anos pares.

No período vacacional de verán manterase o réxime ordinario de comunicación e estadías de fin de semana sen pernoita do menor co pai.

En todos os supostos a recollida e entrega do menor terá lugar ás horas indicadas no domicilio materno.

Alberto Lastres Antelo aboará a cantidade de 300 euros mensuais en concepto de pensión alimenticia a favor do seu fillo Enrique. A dita cantidade deberá ser aboada dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que para tal efecto indique a nai do menor. A dita cantidade actualizarase cada ano, con referencia ao día un de xaneiro, en proporción ás variacións que experimente o IPC publicado polo Instituto Nacional de Estatística ou organismo oficial competente. Os gastos extraordinarios serán aboados por metade por ambos os dous proxenitores logo de comunicación e xustificación do seu desembolso ao proxenitor non convivente.

Non se fai expresa imposición de custas.

Firme que sexa esta resolución, remítase testemuño dela ao encargado do Rexistro Civil competente, co fin de que se practique a correspondente inscrición marxinal no asento de inscrición do matrimonio.

Notifíqueselles o presente edicto ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpor recurso de apelación no prazo de 20 días, contados a partir de que aquela tivese lugar, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña, e será necesario que para iso se proceda a ingresar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se levará testemuño ás actuacións orixinais, o pronuncio, mando e asino».

Betanzos, 31 de xullo de 2012

A secretaria xudicial