Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36094

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 13 de setembro de 2012 pola que se dispón o cesamento de María Nava Castro Domínguez como presidenta do Instituto Galego de Consumo.

En uso das atribucións que me confire o artigo 3.1 do Decreto 329/1995, do 21 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 8/1994, do 30 de decembro, de creación do Instituto Galego de Consumo,

DISPOÑO:

O cesamento, por petición propia, e con efectos do día dezasete de setembro, de María Nava Castro Domínguez, como presidenta do Instituto Galego de Consumo, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2012

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria