Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36116

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2012 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no segundo cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2012.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2012

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2012

Convenio

Importe achegado polo IGVS

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (ASEMACO) para a divulgación das axudas en materia de vivenda en Galicia e do financiamento co sistema crediasemaco.

16.000,00 €

22.5.2012

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios de A Coruña (APROINCO) para a realización dun estudo do stock de vivendas sen vender na provincia da Coruña.

11.800,00 €

6.7.2012