Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36114

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2012 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no segundo cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

Dispoño:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no segundo cuadrimestre do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2012

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no segundo cuadrimestre do ano 2012

Convenio

Importe total do convenio (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Deputación da Coruña para levar a cabo o acondicionamento da conexión das estradas AC-552, AC-551 e DP-0509.

10.310.769,51

8.5.2012

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Pontevedra para a construción da ponte das correntes sobre o río Lérez.

500.000

16.7.2012

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Salvaterra de Miño para o acondicionamento do paso inferior na PO-403, p.q. 6+450 Salvaterra-Ponteareas en Rañe-Fornelos.

109.425,32

31.7.2012

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Deputación de Ourense para a mellora de firme na OU-0514, vía principal do polígono de San Cibrao das Viñas do p.q. 2+800 ao p.q. 3+310, no termo municipal de San Cibrao das Viñas.

120.000

31.7.2012

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Palas de Rei para o financiamento e execución da mellora do acceso ao cemiterio e rúa Antas de Ulla.

164.054,66

8.8.2012

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Pantón para a reparación de diversas vías do concello.

94.479,35

29.8.2012