Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36097

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no segundo cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Turismo nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2012

Mª Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo

ANEXO

Convenio

Importe €

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, e a Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa Zona Norte para a realización de actividades de promoción do turismo na comarca de Arousa Norte, cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

90.000,00

8.6.2012

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, e o Consorcio Turismo Ribeira Sacra para a realización de actividades de promoción e información do turismo na Ribeira Sacra, cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

110.000,00

8.6.2012

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, e a Mancomunidade do Salnés para a realización de actividades de promoción do turismo na comarca do Salnés, cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

90.000,00

8.6.2012

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, e a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense para a realización de actividades de promoción do turismo na Mariña Lucense, cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

90.000,00

8.6.2012

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, e a Mancomunidade Terras de Pontevedra dos concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade e Campo Lameiro, para a realización de actividades de promoción do turismo na comarca de Pontevedra, cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

90.000,00

30.6.2012

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, e a Asociación Galega da Propiedade Balnearia para a difusión do termalismo en mercados de proximidade e internacional e o fomento da investigación e coñecemento da hidroterapia termal como remedio médico-terapéutico.

79.000,00

16.7.2012

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, e o Concello de Ortigueira para a celebración da XXVIII edición do Festival Internacional do Mundo Celta.

45.000,00

14.5.2012

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, e o Concello de Cambados para a celebración da LX edición da Festa do Viño Albariño.

30.000,00

16.5.2012

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, e o Concello de Catoira para a celebración da LII edición da Romaría Vikinga.

22.000,00

27.6.2012

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, e o Concello de Portomarín para a obra de reforma de edificacións e creación de albergue turístico no concello de Portomarín, Lugo.

215.620,29

2.8.2012