En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase o seguinte anuncio de licitación da contratación administrativa para a subministración de gas natural á Administración do Parlamento de Galicia.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Parlamento de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior.
c) Obtención de documentación e información:
1. Dependencia: Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG nº 750, fascículo 1, do 20 de agosto de 2012 e na páxina www.parlamentodegalicia.es).
2. Enderezo: r/ Hórreo, 63.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.
4. Teléfono: 981 55 13 00.
5. Telefax: 981 55 14 09.
6. Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es
7. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.parlamentodegalicia.es
8. Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
d) Número de expediente: SRI-PA-5/2012.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración de gas natural.
c) División por lotes e número de lotes: non hai división en lotes.
d) Lugar de execución:
1. Enderezo: r/ Hórreo, 63.
2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.
e) Prazo de duración: un ano.
f) Admisión de prórroga: por un ano máis.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 09123000-7.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas: de 0 a 100 puntos; prezo do termo fixo: de 0 a 5 puntos; prezo do termo enerxía ou variable: de 0 a 95 puntos.
4. Valor estimado do contrato: 90.000,00 €.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 45.000,00 €; importe total: 53.100,00 €.
6. Garantías.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do prezo de licitación.
c) Complementaria: no caso de que o licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa anormal ou desproporcionada, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía polo importe do 5 % do prezo de licitación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista.
Os dispostos nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas particulares, e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación fose un día festivo, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.
c) Lugar de presentación:
1. Dependencia: Rexistro do Parlamento de Galicia.
2. Enderezo: r/ Hórreo, 63.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.
4. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata tres meses contados desde o remate do prazo para a presentación de ofertas.
9. Apertura das ofertas.
a) Descrición: sesión pública de apertura de ofertas dos sobres B.
b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.
d) Data e hora: no día e hora que oportunamente se lles comunicará aos licitadores e se publicará no perfil de contratante da páxina web do Parlamento de Galicia.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas publicados no BOPG nº 750, fascículo 1, do 20 de agosto de 2012 e na páxina www.parlamentodegalicia.es
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2012
Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia