Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2012 Páx. 36060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto multicriterio, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, para a adquisición, instalación e posta en servizo de equipos enerxéticos, en execución do subproxecto Hospital Autosustentable no marco do proxecto Hospital 2050 (cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa operativo Feder Fondo Tecnolóxico 2007-2013) e con destino ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (AB-SER2-12-014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

c) Número do expediente: AB-SER2-12-014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición, instalación e posta en servizo de equipos enerxéticos.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

e) Prazo máximo de entrega:

Fase a): 30 de novembro de 2012.

Fase b): 30 de novembro de 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: adxudicación baseada na pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 2.781.818,18 €.

Orzamento con IVE: 3.366.000 €.

Sen IVE

Con IVE

Ano 2012

1.931.516,53 €

2.337.135 €

Ano 2013

850.301,65 €

1.028.865 €

5. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde. Dirección de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2º andar.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

d) Teléfonos: 881 54 27 66/881 54 27 68.

e) Telefax: 881 54 86 11.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 16 de outubro de 2012.

b) Documentación que deben presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Admisión de ofertas conxuntas: non.

9. Apertura das proposicións: a data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es

10. Outras informacións: toda información relativa ao expediente farase pública na páxina web que se cita neste anuncio.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario: o importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 10.9.2012.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2012

P.D. (Decreto 311/2009, Orde 15.6.2009)
Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos