Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2012 Páx. 36067

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo

ANUNCIO de construción de dúas naves para ceba de porcino e dúas fosas de xurro.

De conformidade co establecido no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente de construción de dúas naves de ceba de porcino e dúas fosas de xurro nas parcelas 1162, 1163, 1164 e 1165 do polígono 1, na parroquia de Quireza deste termo municipal, que pretende levar a cabo A Semente, S.C.; polo período de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, que se farán no Boletín Oficial da provincia (BOP) e no Diario Oficial de Galicia (DOG). O expediente atópase nas oficinas municipais das 9.00 ás 14.00 horas, para os efectos de posibles reclamacións.

Cerdedo, 28 de agosto de 2012

Silvestre José Balseiros Guinarte
Alcalde