Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2012 Páx. 36068

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre apertura de taller de reparación de vehículos (expediente 544/835/2012).

Na Sección de Licenzas de Urbanismo da Coruña estase a tramitar expediente 544/835/2012 de concesión de licenza de apertura para a seguinte:

Actividade: taller de reparación de vehículos.

Situación: r/ Juan de la Cierva, 9.

Solicitante: Baltasar Barros Gómez y Otro, S.C.

E en cumprimento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días.

A Coruña, 6 de agosto de 2012

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo