Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2012 Páx. 36069

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de información pública sobre proxecto de instalación de fosa de xurro (expediente 3572/2012).

Marina Cruz Coira solicitou licenza municipal de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental, de conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño.

A actividade para a cal solicita licenza identifícase co rexistro de entrada nº 3572/2012, para proxecto de instalación de fosa de xurro segundo proxecto asinado pola arquitecta Mª Ángeles Miraz Vázquez, na parroquia de Mariz, polígono 264, parcela 72, do concello de Guitiriz.

De acordo co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial de la provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na secretaría xeral, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretendan instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O prazo de exposición pública computarase desde a última das publicacións oficiais sinaladas.

Guitiriz, 6 de setembro de 2012

Xosé María Teixido Núñez
Alcalde