Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2012 Páx. 36070

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para ampliación de explotación de vacún de carne.

Dando cumprimento ao disposto no número 3) do número 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, faise público que neste concello se tramita o expediente para a execución da obra que a continuación se relaciona:

Solicitante: Manuel Lema Rama.

Proxecto: ampliación de explotación de vacún de carne.

Localización: Mens-Malpica de Bergantiños.

Superficie parcela: 1.220 m2.

Uso: agropecuario.

Altura: 5,28 m.

Ocupación: 26,73 %.

Edificabilidade: 0,26 m2/m2.

O que se somete a información pública, mediante anuncio no taboleiro de anuncios do concello, no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, polo prazo de vinte días, contado desde a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación poderá ser consultada nas dependencias municipais, das 9.00 ás 14.00 horas.

Malpica de Bergantiños, 23 de agosto de 2012

Eduardo J. Parga Veiga
Alcalde presidente