Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2012 Páx. 36071

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de información pública sobre actividade de panadaría.

Panadería Playa América, S.L. solicitou licenza de acondicionamento de local e licenza de actividade de panadaría para elaboración e venda de pan e os seus derivados que situará na rúa Areosa, nº 2, baixo esquerda, Praia América, Nigrán (expediente 12/0186SU).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considérase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematado transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente estará á disposición do público e pódese consultar no Rexistro Xeral do Concello de Nigrán durante as horas de oficina.

Nigrán, 26 de xullo de 2012

Alberto Valverde Pérez
Alcalde