Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2012 Páx. 36072

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO sobre licenza de apertura de taller de reparación de pas de aeroxeradores.

En cumprimento do establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, faise público que Integral Management Future Renewables, S.L. solicita licenza para adaptación dunha nave para taller de reparación de pas de aeroxeradores, no polígono industrial de Augalevada, parcela nº 12, Noia, polo que durante o período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao de inserción do presente anuncio no DOG, todos os interesados poderán consultar o expediente e formular as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O expediente poderase consultar no Negociado de Urbanismo deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Noia, 27 de agosto de 2012

Rafael García Guerrero
Alcalde