Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2012 Páx. 36073

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de información pública sobre legalización dunha actividade de depósito de materiais.

Solicitada neste concello por Eulogio Viñal, Obras y Construcciones, S.A., con CIF A15352735, unha licenza de legalización dunha actividade de depósito de materiais, na parcela 1739 do PCP de Oroso-Gándara-Deixebre-Trasmonte, tramítase o expediente de licenza da dita actividade.

En cumprimento co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días desde a inserción do presente anuncio no DOG e no BOP, para que quen se vexa afectado dalgún xeito pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio comunícaselle aos interesados aos que non sexa posible notificar persoalmente, que están notificados para todos os efectos, significándolles que teñen un prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ao da notificación para alegar o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información atópase depositado nas dependencias do Concello (UR-002/2012), onde se poderá consultar durante horario de oficina.

Oroso, 22 de agosto de 2012

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde presidente