Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2012 Páx. 36074

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública para a actividade de clínica dental.

Tango Dent, S.L., entidade representada por Matías Kilmurray, solicitou licenza municipal de actividade para unha clínica dental (epígrafe 943.1: consultas e clínicas de estomatoloxía e odontoloxía), que se situará na avenida da Mariña 130, baixo posterior nº 13. En cumprimento co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no Departamento de Actividades Clasificadas do concello e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 20 de agosto de 2012

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde presidente