Hormigones Carral, S.L., entidade representada por Valentín Vázquez González, solicitou licenza municipal de actividade para almacenamento de graneis sólidos, que se situará no polígono industrial O Pousadoiro, parcela nº 10-B. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese á información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no Departamento de Actividades Clasificadas do concello e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.
Vilagarcía de Arousa, 20 de agosto de 2012
Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde presidente