Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2012 Páx. 35920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 4 de setembro de 2012, da Presidencia do Parlamento de Galicia, pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa para a subministración de ordenadores portátiles e impresoras para o Parlamento de Galicia.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG nº 172, do 10 de setembro de 2012, é necesario publicar a seguinte corrección:

No punto sexto, onde di: «b) Definitiva: 5 % do prezo de licitación», debe dicir: «b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación».

No punto sexto, onde di: «c) Complementaria: no caso de que o licitador que presentara a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa anormal ou desproporcionada, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía polo importe do 5 % do prezo de licitación, IVE excluído», debe dicir: «c) Complementaria: no caso de que o licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa anormal ou desproporcionada, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía polo importe do 5 % do prezo de adxudicación, IVE excluído».

No punto nove, onde di: «a) Descrición: sesión pública de apertura de ofertas dos sobres B», debe dicir: «a) Descrición: sesión pública de apertura de ofertas dos sobres B e C».

O novo prazo de 8 días naturais para a presentación de proposicións comezará o día seguinte ao da data da publicación desta corrección de erros no DOG.