Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2012 Páx. 35921

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baleira

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para instalación de fosa de xurro.

Daniel Pérez Acal solicitou neste concello licenza para a instalación dunha fosa de xurro que se situará no predio nº 12, do polígono 1 da zona de concentración parcelaria de Fonteo, segundo proxecto para instalación de fosa de xurro e construción de dúas plataformas de formigón, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo o 11 de xuño de 2012, número de visado 336.

De conformidade co regulado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese ao trámite de información pública por un período de vinte días –que se contarán a partir do último dos anuncios– mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e exposición no taboleiro de anuncios do concello. Durante o devandito prazo poderán formularse por escrito as alegacións, reclamacións e/ou observacións que se consideren oportunas en relación co mencionado expediente.

O expediente poderá consultarse na Casa do Concello de Baleira, de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas.

Baleira, 29 de agosto de 2012

Francisco Acal Eiros
Alcalde