Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2012 Páx. 35922

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabana de Bergantiños

ANUNCIO de información pública sobre construción de silos (licenza 280.2012).

Solicitada desta alcaldía por Constantino Romero Ramos licenza municipal para a construción de dous silos para almacenar forraxe en verde no lugar de Fontefría-Borneiro-Cabana de Bergantiños, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por período de vinte días, a fin de que durante este prazo (que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG) poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Cabana de Bergantiños, 20 de agosto de 2012

Carlos M. Sande Martínez
Alcalde en funcións