Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2012 Páx. 35923

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre instalación e apertura dunha nave industrial para a fabricación, elaboración e transformación de pastelaría, confeitaría, bolaría e repostaría.

A Maquía, S.L. solicitou unha licenza municipal para a instalación e apertura dunha nave industrial para a fabricación, elaboración e transformación de pastelaría, confeitaría, bolaría e repostaría, situada no lugar da Marisqueira, nave 2, parroquia de Almeiras. O expediente sométese a información pública durante un prazo de 20 días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo na Secretaría do Concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Culleredo, 10 de agosto de 2012

P.D. (Resolución do 22.6.2011; BOP nº 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo