Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2012 Páx. 35924

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dozón

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación de porcino.

Solicitada nesta Alcaldía por José López López licenza municipal para ampliación de explotación de porcino situada en Zudreiro-Sanguiñedo, en cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Dozón, 23 de agosto de 2012

Adolfo Campos Panadeiros
Alcalde