Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2012 Páx. 35925

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para planta de tratamento de residuos.

A comunidade hereditaria de Manuel Andújar Monteagudo e, na súa representación, Carmen Castiñeira Capelo, solicita deste concello licenza para legalización de planta de xestión e tratamento de residuos da construción e demolición (infraestrutura de xestión e tratamento de residuos), no lugar de Cheo, paraxe de Vilariño, na parroquia de Dumbría. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, que comezará a contar desde a última inserción deste anuncio no BOP e no DOG, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola actividade presente as alegacións ou reclamacións que considere pertinentes.

Dumbría, 7 de setembro de 2012

José Antonio Casais Fernández
Alcalde accidental