Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2012 Páx. 35926

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública dunha modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal e do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica de Santiago (PE-1).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de xullo de 2012, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

«a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal e do Plan especial de protección da cidade histórica (PE-1) na rúa San Miguel dos Agros número 5, segundo o proxecto formulado polo Concello de Santiago de Compostela a través dos servizos técnicos da área de urbanismo.

b) Someter o acordo a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia, e en dous xornais dos de maior difusión na provincia. Durante o citado período, o expediente estará á disposición de calquera persoa que desexe examinalo co obxecto de presentar as alegacións que se xulguen pertinentes.

c) Dar audiencia aos concellos limítrofes, simultaneamente e durante o mesmo prazo da información pública, e solicitar informe do director xeral de Patrimonio Cultural.

O presente acordo determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do outorgamento das licenzas que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial».

Durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2012

Reyes Leis Rodríguez
Alcaldesa en funcións