Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2012 Páx. 35927

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Saviñao

ANUNCIO de información pública sobre expediente de avaliación de incidente ambiental de Isaac Méndez Rodríguez.

Isaac Méndez Rodríguez, en representación de Carballeiras de Teibel, S.C., solicitou licenza municipal para ampliación de explotación de porcino que se situará en Teibel-Reiriz, polígono 4, parcela 145.

En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública por un prazo de vinte días hábiles –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Este anuncio servirá de notificación a todos aqueles lindantes aos que non se puidese efectuar a notificación, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O Saviñao, 10 de agosto de 2012

Joaquín González González
Alcalde