Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35808

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (335/2012/001).

Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos nos cales se ditou a seguinte resolución:

«Auto.

En Vigo o 26 de xullo de 2012.

Isabel Benito, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 335/2012/001, sobre medidas provisionais coetáneas, actuando como demandante Andreia Eugenia Vaamonde Henrique, representada polo procurador Lanero Táboas, contra o seu esposo Ricardo Palmeira Teles, declarado en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(seguen feitos e fundamentos xurídicos).

Parte dispositiva.

Estimando como estimo parcialmente a demanda presentada polo procurador Sr. Lanero Táboas, en nome e representación de Andreia Eugenia Vaamonde Henrique, fronte ao seu esposo, Ricardo Palmeira Teles, debo decretar e decreto as seguintes medidas provisionais:

Primeira. Acórdase a separación provisional dos cónxuxes, con cesamento da presunción de convivencia e con revogación expresa dos poderes que puideren terse mutuamente outorgado.

Segunda. Atribúese a garda e custodia dos fillos menores do matrimonio á nai, sendo a patria potestade compartida entre ambos os dous proxenitores.

Terceira. En canto ao réxime de visitas, o esposo poderá visitar os seus fillos en fins de semana alternos, desde as 11.00 horas do sábado ata as 20.00 horas do domingo, sempre que avise a esposa cunha antelación mínima de 24 horas; a recollida e entrega será no domicilio materno.

Cuarta. O pai satisfará en concepto de alimentos a favor dos seus fillos menores, a suma de 300 euros mensuais, que serán ingresados con carácter anticipado e dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que para o efecto designe a esposa, cantidade que será actualizada anualmente conforme a variación do IPC que indique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Así mesmo, ambos os dous cónxuxes satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xeren os menores.

Quinta. Atribúese á esposa o uso do domicilio e enxoval familiares.

Todo iso sen expresa declaración en canto ás custas causadas.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por este auto, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Vigo, 26 de xullo de 2012

A secretaria