Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a formalización do contrato de servizo de limpeza na Residencia de Maiores do Meixoeiro en Vigo.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expedientes: 1.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: prestación do servizo de limpeza na Residencia de Maiores do Meixoeiro en Vigo.

c) CPV: non. CPA:81.21.10.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG nº 92, do 15 de maio de 2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Adxudicación.

– Expediente nº 45/2012: servizo de limpeza na Residencia de Maiores do Meixoeiro en Vigo.

* Orzamento base de licitación: 114.000,00 € (IVE 18 %: 20.520,00 €) total 134.520,00 €, para un ano.

* Adxudicatario: Iberclean Limpiezas, S.L.

* Data de adxudicación: 28 de xuño de 2012.

* Data de formalización do contrato: 29 de xuño de 2012.

* Importe de adxudicación: 104.971,00 € (IVE 18 %: 18.894.78 €) total 123.865,78 €, para un ano.

* Nacionalidade: española.

Vigo, 1 de agosto de 2012

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo