Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 378/2008).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación que a continuación se refire:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: LMTA, CTA, RBTA Mourelos, Poblado, anexos I e II.

Situación: Touro.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1.103 metros, condutor LA-56/54,6 mm2, con orixe nun novo apoio a intercalar entre os apoios existentes nº 77 e nº 78 da LMTA denominada POR-709, e remate no CT proxectado.

Centro de transformación tipo intemperie, de 100 kVA de potencia, e relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV.

Rede de baixa tensión aérea, de 1.700 metros de lonxitude, sobre apoios de formigón, en condutor tipo RZ.

Resultando os seguintes feitos:

Primeiro. Con data 18 de agosto de 2008, a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou o proxecto LMTA, CTA, RBTA Mourelos, Poblado. A petición someteuse a información pública por Acordo do 22 de outubro do 2008, publicada no DOG nº 235, do 3 de decembro, no BOP nº 273, do 26 de novembro, completándose o trámite coa publicación no xornal de difusión suficiente El Correo Gallego do 18 de novembro.

Segundo. Dentro do prazo establecido foron presentadas alegacións, das que se lle deu traslado á empresa promotora, por:

Manuel Rois Varela propietario do predio nº 4, manifesta que o trazado do proxecto non segue a mellor solución, propoñendo alternativas ao mesmo, reflectidas nos planos que xunta, con menor prexuízo segundo o seu parecer.

Ana María Quinteiro Paz, propietaria do predio nº 11, propón que a liña eléctrica se constrúa de xeito subterráneo ao longo do camiño público existente. Rosalía Barreiro Lareo, propietaria do predio nº 1, presenta similar alegación.

Fernando Louzao Vázquez propietario do predio nº 16, solicita que o trazado se varíe de xeito que discorra polo outro lado do camiño existente, onde as parcelas se destinan a labradío e pastos, o cal ocasionaría menor prexuízo. Mª del Carmen Louzao Vázquez e Maximino Quinteiro Salgueiro, propietarios dos predios nº 10, 14 e 15, presentan similar alegación.

Manuel Rilo Lareo, propietario do predio nº 20, expón que chegou a un acordo con Unión Fenosa Distribución, S.A. para modificar o trazado na súa parcela.

Carmen Ríos Rilo, propietaria do predio nº 13, expón que sería suficiente para o obxectivo perseguido con este proxecto, reforzar a liña existente na zona. En caso de ser necesaria a nova liña, os apoios proxectados non terían que situarse na cabeceira do predio. Corrixe a titularidade de la parcela.

Eduardo García Nogueira, propietario do predio nº 8, corrixe a titularidade da parcela. Solicita a desestimación da solicitude de declaración de utilidade pública pola indefensión que manifesta se lle ocasiona.

Destas alegacións déuselle traslado á empresa solicitante, que manifestou o que considerou pertinente, entendendo que a solución adoptada e a óptima para o conxunto da instalación, e foi elaborada cumprindo todos os requisitos normativos que se lle poden exixir.

Terceiro. Con data do 15 de abril de 2009, a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou o anexo I ao proxecto LMTA, CTA, RBTA Mourelos, Poblado. A petición someteuse a información pública por Acordo do 12 de xuño do 2009, publicada no DOG nº 139 , do 17 de xullo, no BOP nº 150, do 3 de xullo, completándose o trámite coa publicación no xornal de difusión suficiente El Correo Gallego do 2 de xullo.

Cuarto. Dentro do prazo establecido foron presentadas alegacións, das que se lle deu traslado á empresa promotora, por:

Jesús Pintor Sánchez, propietario dos predios nº 2 e 18, solicita que a liña eléctrica se realice de xeito subterráneo ou no seu defecto máis cerca ao camiño existente, situando os apoios nos lindes dos predios. María Mella Vázquez, propietaria do predio nº 18, realiza similares alegacións, corrixindo a propiedade da parcela.

Maximino Quinteiro Salgueiro, propietario dos predios nº 10 e 14, propón que a liña eléctrica se constrúa de xeito subterráneo ao longo do camiño público existente. Mª del Carmen Louzao Vázquez, propietaria do predio nº 15, Rosalía Barreiro Lareo, propietaria do predio nº 1, Ana María Quinteiro Paz, propietaria do predio nº 11, Carmen Ríos Rilo, propietaria do predio nº 13, Eduardo García Nogueira, propietario do predio nº 8, Adolfo Cancelo Mera, propietario do predio nº 3, e Fernando Louzao Vázquez, propietario do predio nº 16, presentan similares alegacións.

Destas alegacións déuselle traslado á empresa solicitante, que manifestou o que considerou pertinente, entendendo que a solución adoptada e a óptima para o conxunto da instalación, e foi elaborada cumprindo todos os requisitos normativos que se lle poden exixir.

Quinto. Con data do 5 de xuño de 2012, a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou o anexo II.

Sexto. De conformidade co disposto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro con data do 11 de xuño de 2012, requiríuselle de novo ao Concello de Touro, na súa condición de organismo afectado, información sobre a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación modificada polo anexo II. Con data do 20 de xuño de 2012, o Concello de Touro emite informe no que dá a súa conformidade para a realización da citada obra.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e en exercicio das competencias atribuídas polo Real decreto 1955/2000 e polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro (DOG do 16 de febreiro).

Segundo. No expediente se cumpriron os trámites que sinala o artigo 53 da citada Lei 54/1997, e os regulamentos ordenados no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Que o trazado da liña de media tensión cumpre co indicado no artigo 57 da Lei 54/1997, do sector eléctrico e o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

De acordo co que antecede e no exercicio das competencias atribuídas,

Resolve:

Autorizar, aprobar o proxecto de execución e anexos I e II e declarar de utilidade pública, en concreto, as citadas instalacións, nas que as características se axustarán en todas as partes ás que figuran no proxecto e anexos, e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao medio ambiente.

As instalacións se executarán nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 17 de agosto de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial