Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a formalización do contrato de servizo de restauración, incluíndo limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa. Servizo de restauración e o seu transporte para unha ruta en kaiak e servizo de restauración, incluíndo a limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Illas Cíes en Vigo, Campamento xuvenil Illa de Ons en Bueu e Campamento xuvenil Pontemaril para o verán de 2012.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expedientes: 1.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: restauración incluíndo limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións dos campos de traballo e campamentos na provincia de Pontevedra.

c) CPV: non.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG nº 68, do 10 de abril de 2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Adxudicación.

– Expediente nº 35/2012: servizo de restauración incluíndo limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións dos campos de traballo e campamentos na provincia de Pontevedra.

* Orzamento base de licitación: 332.032,41 € (IVE 8 %: 26.562,59 €) total 358.595 €, para o verán 2012.

* Adxudicatario: Galicia Vella de Inversiones y Logística, S.L.

* Data de adxudicación: 22 de maio de 2012.

* Data de formalización do contrato: 22 de xuño de 2012.

* Importe de adxudicación: 329.477,55 € (IVE 8 %: 26.358,20 €) total 355.835,75 €, para o verán 2012.

* Nacionalidade: española.

Vigo, 1 de agosto de 2012

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo