Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 30 de agosto de 2012, do Servizo de Turismo de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador OU-S-16/2012, por infracción leve en materia de turismo.

Mediante esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente sancionador OU-S-16/2012, da xefa do Servizo de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

O interesado poderá recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, de Ourense.

Contra as ditas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, osinteresado poderá interpoñer recurso de alzada perante a Secretaría Xeral para o Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, todo isto, sen prexuízo de que o interesado poida interpoñer calquera outro que considere oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, e deberase aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior.

O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto na Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).

Expediente: OU-S-16/2012.

Titular sancionado: Pablo Manuel Fernández Álvarez.

Establecemento: El Asturiano.

Domicilio: Faustino Santalices, 17.

Localidade: Bande.

Resolución: 10 de xullo de 2012.

Tipificación da infracción: artigo 109.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción: douscentos (200,00) euros.

Ourense, 30 de agosto de 2012

Manuela Penín López
Xefa do Servizo de Turismo de Ourense