Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2012 Páx. 35761

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de cesión gratuíta dun inmoble.

O Concello de Tomiño en pleno do pasado 10 de agosto de 2012 acordou, conforme as previsións do artigo 110 do vixente Regulamento de bens das entidades locais e do artigo 276 da Lei 5/1997, da Administración local en Galicia, así como a Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, publicada no DOG nº 203, do 24 de outubro, o correspondente expediente de cesión gratuíta do inmoble sito no lugar de Rego da Salgosa, a favor da asociación do mesmo nome, exponse ao público o mencionado expediente polo prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente edicto no BOP e no DOG (contando o dito prazo desde o seguinte á última publicación nos citados boletíns), para os efectos de presentación de reclamacións dentro do mencionado prazo, que estará á disposición o citado expediente nas oficinas de Secretaría deste concello.

O que se fai publico para os efectos oportunos.

Tomiño, 14 de agosto de 2012

P.D. (Decreto 9.8.2012)
Uxío Benítez Fernández
Primeiro tenente de alcalde