Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2012 Páx. 35760

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Forcarei

ANUNCIO de información pública sobre instalación dunha nave para avicultura de carne.

En cumprimento do disposto no punto 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente AC-64/12-2621, que se tramita neste concello por instancia da SAT Terrablanca, para a instalación dunha nave para dedicar a avicultura de carne na veiga Rego dos Corzos, no Monte de Valiñas (Dúas Igrexias), neste termo municipal. Durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da última das publicacións deste edicto que se farán unha no Boletín Oficial da provincia (BOP) de Pontevedra e outra no Diario Oficial de Galicia (DOG), o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que aquelas persoas que de algún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Forcarei, 17 de agosto de 2012

Belén Cachafeiro Anta
Alcaldesa