Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2012 Páx. 35759

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de apertura de información pública.

Emilia Varela Pose solicita deste concello unha licenza para a ampliación de explotación gandeira mediante a construción dun almacén, no lugar de Rebordelo, parroquia de Salgueiros. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, que comezará a contar desde a última inserción deste anuncio no BOP e no DOG, para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola actividade presente as alegacións ou reclamacións que considere pertinentes.

Dumbría, 6 de setembro de 2012

José Antonio Casais Fernández
Alcalde accidental