Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2012 Páx. 35762

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trazo

ANUNCIO de información pública sobre instalación de explotación gandeira.

José Mariño Boquete, solicitou á Alcaldía de Trazo licenza municipal para a instalación dunha explotación gandeira no lugar da Arnoba, predio número 1032, polígono 502, parroquia de Campo.

Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública a dita solicitude por un período de vinte días, co fin de que durante este prazo, que comezará a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio, poidan examinar o expediente no Concello de Trazo, Casa Consistorial, aquelas persoas que dalgún xeito se vexan afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Trazo, 9 de agosto de 2012

José Dafonte Varela
Alcalde