Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2012 Páx. 35738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica LMT de 20 kV a CS na avenida de Santiago, número 181, no concello de Ourense (expediente IN407A 2012/34-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT de 20 kV a CS na avda. de Santiago, nº 181.

Situación: Ourense.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV de 506 m con condutor RHZ1, con orixe na LMT existente VLL809 ao CT (32C817) e remate na LMT existente VLL809 ao CT 32CFX0.

Orzamento: 19.207,01 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 12 de xullo de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense